O concello dos tres alcaldes e medio

O municipio de San Amaro sumou esta segunda feira o seu terceiro rexedor no que vai de mandato, que comezou en 2019. Após o paso de dous representantes do PSdeG, agora é o Partido Popular o que ostenta o bastón de mando nesta localidade do interior galego. As razóns esgrimidas para marchar do cargo foron diversas e amosaron unha profunda división no pleno, mesmo dentro dos grupos.
Pleno do concello de San Amaro. (Foto: Europa Press) #política #municipal #sanamaro #alcaldía
photo_camera Pleno do concello de San Amaro. (Foto: Europa Press)

O popular Fernando Rodríguez Redondo convertiuse esta segunda feira no novo alcalde de San Amaro, un pequeno municipio do interior galego que xa suma tres rexedores desde que comenzara o mandato en 2019.

Pouco despois de tomar posesión a socialista María del Carmen Pérez presentaba a súa dimisión como alcaldesa aludindo a motivos persois. Foi en setembro de 2019, cando segundo o padrón municipal publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) a vila contaba con 1.089 veciñas e veciños censados.

Pérez foi sucedida polo tamén socialista Rubén Gómez que marchou un ano despois alegando "que a situación interna era demasiado complicada para traballar". Foi en 2020, cando estaba ao mando dun municipio de 1.052 habitantes.

O baleiro de xestión foi remediado polo representante de Xuntos por San Amaro, Carlos Paz, tanto nun primeiro momento en 2019 como até esta última elección.

Malia non ser nomeado de forma oficial, Paz foi o alcalde en funcións. Os socialistas chegaran ao mandato como un pacto de coalición con Xuntos por San Amaro; ambas as formacións gobernarían durante dous anos, polo que o tempo do goberno socialista terminara e, segundo o acordo, sería o momento de Paz até finalizar o mandato.

Cambio nos plans do pacto

Con todo, as diferenzas coa súa ex compañera de grupo dificultaron que se cumprise o pacto que agora, coa entrada de Fernando Rodríguez do PP, rompe por completo.

A elección produciuse nun pleno extraordinario onde houbo 4 votos a favor da candidatura de Redondo e outros 4 para María Jesús Fernández, a candidata do PSOE.

A papeleta decisiva foi a da ex concelleira de Xuntos por San Amaro, e agora edil do grupo de non adscritos. O seu voto en branco fixo que a Alcaldía recaia no grupo político máis votado nas pasadas eleccións municipais, é dicir, o PP. Nesta sesión quedou en evidencia a división e unha suposta "ditadura" denunciada pola concelleira non adscrita.

Por iso, o novo rexedor (o cuarto ou terceiro e medio deste mandato que remataría en 2023) é o popular Fernando Rodríguez Redondo. De líder do PSOE local quedará María Jesús Fernández.

Entre os seus obxectivos a curto prazo, anunciou unha reunión "inmediata" co presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, e outra co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, para coñecer a situación do plan urbanístico do concello.

Comentarios