"Mudanza radical" de cara a 2023

Os cinco concelleiros de Marea Atlántica renuncian a continuar na corporación coruñesa

Os cinco concelleiros con que conta Marea Atlántica no Concello da Coruña non continuarán na corporación na vindeira lexislatura. Segundo adiantou na edición deste domingo, La Opinión da Coruña, e fixo público, horas máis tarde, a formación, o grupo aposta “por unha renovación radical”.

roldaprensaPrimarias marea atlántica
photo_camera Iago Martínez canda outra membro de Marea Atlántica nun acto da formación. (Foto:Nós Diario).

A Marea Atlántica deu a coñecer nun comunicado remitido na maña de hoxe que os seus cinco concelleiros no Concello da Coruña non continuarán na corporación na vindeira lexislatura.

Segundo sinalan, “ningunha das concelleiras e concelleiros repetirá no Pleno ao remate deste mandato, para deixar paso a persoas novas, con enerxía e ideas, e comprometidas co municipalismo e coa Marea”

A organización sinala que “esta decisión, respaldada pola coordinadora, procura facilitar a elaboración da nova candidatura que tomará o relevo, un proceso que dará os seus primeiros pasos coa Marea Viva que convocaremos en poucos días”

Os concelleiros e concelleiras dimisionarias son a actual voceira María García, Silvia Cameán, Alberto Lema, Claudia Delso e Iago Martínez. A este respecto, desde a formación indican que “pedímoslle a María García que seguira, pero escolleu seguir traballando desde outras responsabilidades. Desde aquí, e agradecemos o traballo á nosa voceira e a todo o Grupo Municipal nos últimos anos, polo ben da Coruña, e o que seguirán a desenvolver no que queda de mandato”.

A candidatura municipalista afirma que “a Marea Atlántica quédalle moito percorrido por diante, para cumprir o obxectivo co que naceu: facer da Coruña unha cidade xusta, verde, feminista e democrática, unha cidade mellor para vivir”.

(Haberá ampliación)

Comentarios