A concelleira de Ciudadanos na Coruña, Mónica Martínez, abandona a formación laranxa

A xornalista continuará no consistorio como "independente"
EuropaPress_2163462_candidata_cs_alcaldia_coruna_monica_martinez_votando (1)
photo_camera Mónica Martínez, votando nas pasadas eleccións municipais (Foto: Europa Press).

A xornalista Mónica Martínez, a única concelleira de Ciudadanos (C’s) na Coruña, vén de facer público un comunicado no que revela a súa decisión de abandonar a formación laranxa, coa que desexa conservar “unha relación fluída”.

Non obstante, Martínez seguirá como concelleira “independente” no consistorio herculino, no que, destaca, pretende “continuar en contacto coas diversas entidades de base, a fin de contribuír a proxectar e canalizar as súas necesidades”.

Ademais, a até o de agora concelleira de C’s indica que afondará na súa “liña de dialogo” co actual Goberno local, que dirixe a socialista Inés Rey.

Mónica Martínez, que votou a favor dos orzamentos municipais a cambio de consensuar e pactar algúns dos seus principais contidos cos PSdeG, agarda que “culminen con éxito” os proxectos emprendidos neste tempo no que representou a Ciudadanos na Coruña.

Comentarios