Unha caravana para visibilizar os símbolos nacionais
Varias ducias de vehículos percorreron o tramo de Oroso a Compostela lucindo bandeiras e simboloxía nacional galega.
Unha caravana de vehículos percorreu na mañá deste Día da Patria Galega o tramo entre o Concello de Oroso e Compostela para visibilizar a simboloxía nacional. Bandeiras da Patria, coa serea de Casetlao ou do Reino Suevo luciron de xanelas e ventás dos vehículos ao longo do percorrido.
A iniciativa estaba organizada polo colectivo Estreleira no que cualificou como “num acto de celebraçom, irmandade e resistência”.
“Nom escolhemos por acaso esta localizaçom de Oroso: pois aliás de estar perto de Compostela e ser de fácil acesso, na Ponte de Sigueiro tivo lugar umha das batalhas da revoluçom galega de 1846, momento fundacional da nossa luita contemporánea de libertaçom nacional”.
O 'Proxecto Estreleira' constituíse e deuse a coñecer este domingo, 27 de xuño, no cumio do Pico Sacro. Alí, un grupo de persoas da Galiza, nacionalistas e independentistas presentaron as bases e as liñas esenciais desta iniciativa social que nace co obxectivo de "divulgar e popularizar masivamente os nosos símbolos máis senlleiros".