O BNG organiza este sábado en Pontevedra unha xornada co título de "A Unión Europea non é a solución: é o problema"

O BNG prepara xa o arsenal argumentativo co ollar posto nas europeas de Maio.

xornada UE
photo_camera Cartaz da xornada

A formación frentista realizará este sábado 26 de Xaneiro en Pontevedra (Pazo da Cultura) unha Xornada de Análise e Debate cun título ben elocuente: "A Unión Europea non é a solución: é o problema. Hai alternativa ao espolio de Galiza".  BNG sempre mantivo un posicionamento inequivocamente crítico coa Unión Europea e as entidades que a precederon (MCE, CEE) por a considerar unha estrutura posta ao servizo dos intereses do capital transnacionalizado en xeral, e un aparato administrativo-político controlado por Berlín en particular.

Fitos nese posicionamento foron a campaña contra o Tratado de Maastricht e o voto negativo no referendo ao Tratado da Constitución europea. Para a formación frentista, non é democrático un proceso que ten como protagonistas os Estados e as súas oligarquías e non os pobos ou as nacións sen Estado como a Galiza.

Críticas e alternativas

Até Maio, o BNG vaise esforzar por socializar o seu argumentario crítico coa Unión Europea -non resolve problemas, ela é o problema- e a prol da construción dunha alternativa que @s nacionalistas reputan como democrática e radicalmente popular. Unha alternativa que pasa polo exercicio da soberanía, pola libre autodeterminación dos pobos.

Coa intención de ir abrindo boca, o BNG organiza para este sábado -e nunha das cidades emblemáticas para o nacionalismo galego, a Pontevedra que goberna Lores- unhas xornadas en que a formación frentista tenciona explicitar as súas críticas e as súas alternativas.

Na xornada -que terá entre os ponentes ao portavoz nacional do BNG, Xavier Vence_ debutará como presidente da Fundación Galiza Sempre o que fora durante 4 anos líder da formación frentista, Guillerme Vázquez.

Este é o programa:

10h00: Benvida e presentación.
- Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra.
- Guillerme Vázquez Vázquez, Presidente da Fundación Galiza Sempre
- Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG

10h15: A UE como modelo de capital globalizado.
Modera: Saleta Chao Rivas
Intervencións:
- Modelo económico e social da UE. A resposta da UE e a “troika” ante a crise. Bernardo Valdês, profesor de economía da USC.
- Papel da UE no cotexto internacional. Manuel Mera, director da Fundación Moncho Reboiras
- Homoxeneización, xerarquización, asimilación cultural e lingüística na UE. Pilar García Negro, Doutora en filoloxía románica, profesora titular da Universidade da Coruña.

11h15: A destrución da capacidade produtiva na periferia europea: impacto na Galiza das políticas económicas da UE.
Modera: Eva Vilaverde
Intervencións:
- Impacto na pesca e no agro. Edelmiro López Iglesias, profesor de economía na USC.
- Impacto na industria, naval e emprego. Francisco Rodríguez, Consello Nacional do BNG.

13h15: Vontade popular, soberanía, dereitos e liberdades no seo da UE. A democracia secuestrada.
Modera: Adrián Dios Vicente
Intervencións:
- Dereitos das mulleres. Carme Adán, deputada do BNG no Parlamento de Galiza.
- Dereitos sociais claudicantes fronte á expansiva presión do mercado na UE. Alba Nogueira, Profesora de Dereito Administrativo na USC.
- A Gobernanza da UE e a crise da democracia. Carlos Aymerich, profesor de Dereito Administrativo na UdC.

12h15: A concentración económica e política nas institucións da UE como resposta á crise. A alternativa do BNG.
Modera: Xavier Campos
Intervencións:
- Crise política e institucional na UE, o déficit democrático das institucións europeas. Balance do traballo do BNG no Parlamento Europeo. Ana Miranda, eurodiputada do BNG 2012–2013
- As nacións negadas na UE, a presenza directa de Galiza ante a UE e a defensa da soberanía para sobrevivir. Héitor López de Castro
- As alternativas do BNG para a UE: Que UE sería defendíbel e asumíbel? Pódese contemplar a saída da UE? Rosana Pérez Fernández, deputada no Congreso polo BNG.

14.00: Peche.

Comentarios