BNG, ERC e Amaiur mostran os seus puntos de encontro nun debate sobre o dereito a decidir

Distintos momentos, distintas situacións mais tamén puntos de encontro no camiño soberanista das tres nacións. Francisco Jorquera do BNG, Onintza Enbeia de Amaiur e Joan Tardá de ERC foron protagonistas dunha mesa redonda arredor do dereito a decidir en Ferrol. 

photo_camera

Organizada pola Sociedade Cultural Medulio, Francisco Jorquera, Joan Tardá e Onintza Enbeia participaron nunha mesa redonda nesta quinta feira nunha Galería Sargadelos de Ferrol que quedou pequena para asistir a un encontro no que o interese do público mostrouse no amplo debate que se abriu despois das tres intervencións. 

Cada un dos representantes das tres forzas políticas aportaron a súa visión do proceso en marcha nos tres territorios. Especial interese levantou a intervención de Joan Tardá polo momento en que se atopa o proceso soberanista catalán, a punto de darse a coñecer a pregunta e a data do referendo. Onnitza Enbeia, de Amaiur, defendeu a normalización política como a prioridade de Euskadi unha vez se materializou o cese da violencia, co horizonte tamén na soberanía.  As tres forzas con representación nas Cortes compartiron a necesidade de apostar pola soberanía como cuestión central nos procesos políticos cun ideario no que o dereito a decidir é o obxectivo das praxes tanto de Amaiur como de ERC e BNG.

Comentarios