Reforma da lei electoral e maior representatividade, chaves da alternativa do BNG ao recorte do Parlamento

Os nacionalistas avogan por suprimir a barreira do mínimo do 5%para acceder o Parlamento e por fixar un sistema proporcional directo para a asignación de escanos no canto da Lei D’Hont.

Voto eleccións

O BNG presentará nos vindeiros días a súa contraproposta ao proxecto do PP de recortar os escanos do Parlamento de Galiza ao mínimo permitido polo Estatuto. Para a fronte nacionalista, o proxecto dos populares pretende “deixar en papel mollado” mesmo o título de nacionalidade histórica que a Constitución atribúe a Galiza. Unha proposta a do PP coa que Feijóo, incide o BNG, só procura “cambiar unilateralmente as regras de xogo para aferrarse ao poder”

A alternativa que elabora o Bloque,incluirá unha proposta de modificación da actual Lei Electoral co obxectivo de dotar de maior representatividade ao sistema e acadar que a composición da Cámara se axuste o máis posible ao voto expresado nas urnas pola cidadanía.

Maior representatividade

Neste sentido, unha das medidas que inclúe a proposta que elabora o BNG é suprimir a porcentaxe mínima do 5%, en aras dun maior pluralismo político no Parlamento, tendo en conta que, nos últimos comicios autonómicos, máis do 7% dos votos emitidos polos galegos e galegas quedaron sen representación na Cámara.

Igualmente, a formación nacionalista propón superar o mínimo de representantes por provincia e establecer un sistema proporcional directo para a asignación de escanos, en substitución da Lei D`Hont. Esto permitiría reducir o enorme desequilibrio no peso do voto entre as provincias, dando paso a un sistema no que cada deputad@ representa o mesmo número de votos, con independencia da provincia pola que fose electo.

Comentarios