O BNG condena o ataque de Trump e Israel a Irán: "Queren impoñer un mundo inxusto, armado e deshumanizado"
Após a ofensiva militar dos Estados Unidos e Isarel contra Irán, na que se bombardeou este sábado, 28 de febreiro, a capital de Teherán, deixando 25 mortos nunha escola e se procedeu a evacuación da cidade, o BNG denunciou o ocorrido a través das súas redes sociais.
"O bombardeo a Irán é un ataque militar que incumpre o Dereito Internacional", publicaron. Ademais, sinalaron que "Trump permitiu e axudou ao xenocidio en Gaza", e "hoxe bombardea Irán, co seu aliado Israel". Unha ofensiva militar que para o BNG busca "impoñer un mundo inxusto, armado e deshumanizado".
💥 O bombardeo a Irán é un ataque militar que incumpre o Dereito Internacional. Trump permitiu e axudou ao xenocidio en Gaza. Hoxe bombardea Irán, co seu aliado Israel. Queren impoñer un mundo inxusto, armado e deshumanizado.
— BNG - Bloque Nacionalista Galego (@obloque) February 28, 2026
🛑 #StopImperialismo
🛑 #StopTrump pic.twitter.com/Cwpnrcyic6
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, tamén compartía a través da rede social X que "o imperialismo mata e Trump quere guerra". Miranda denunciou que se "incumrpre" o Dereito Internacional" e que o líder estadounidense quere ser "o dono do mundo, do seu mundo inxusto, armado e deshumanizado".
Desde a UPG tamén condenan o ataque "criminal" dos EUA e Israel. "Só busca controlar o petróleo e dominar a rexión, e pode levar o mundo ao abismo. Esiximos respecto á soberanía dos pobos para decidir o seu futuro e rexeitamos calquera inxerencia imperialista", publicaron.
Condenamos o novo ataque criminal dos EUA e Israel contra o Irán, que só busca controlar o petróleo e dominar a rexión, e pode levar o mundo ao abismo. Esiximos respecto á soberanía dos pobos para decidir o seu futuro e rexeitamos calquera inxerencia imperialista #GalizaPolaPaz pic.twitter.com/siVlMpGbra
— UPG (@GalizaUPG) February 28, 2026