BNG, Amaiur e ERC recorrerán o veto á proposición de autodeterminación

As formacións asinantes da proposición de lei a prol do dereito de autodeterminación dos pobos comparecen esta cuarta feira (11 h) para valoraren, en conferencia de imprensa conxunta, a inadmisión a trámite por parte da Mesa do Congreso d@s Deputad@s. Segundo puido saber Sermos Galiza, BNG, Amaiur e ERC recorrerán o veto imposto polo Partido Popular.
Deputad@s de BNG, Amaiur e ERC
photo_camera Deputad@s de BNG, Amaiur e ERC

Voceir@s das tres formacións asinantes da Proposición de Lei pola autodeterminación dos pobos comparecen esta cuarta feira perante os medios de comunicación após coñeceren, de forma extraoficial, a decisión adoptada pola Mesa do Parlamento de impedir a súa tramitación no Pleno. Neste senso, PSOE e CiU --que tamén compoñen o órgano parlamentar, si terían apoiado a proposta--.

En declaracións a Sermos Galiza, a portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, asegurou que o veto imposto polo PP á proposición lexislativa "dá boa conta da súa calidade democrática". Aliás, a nacionalista asegura que na decisión d@s populares "priman as cuestións de fondo" que abordaba a proposición e que o Partido Popular "non quere que se debata". 

Olaia Fernández Davila (BNG): "Non existe desde o punto de vista procedimental ningún argumento que xustifique o veto"

Segundo puido saber este medio, @s representantes do PP na Mesa argüen cuestións de forma para xustificar a inadmisión a trámite da proposta soberanista. Porén, Fernández Davila asegura que "iso é un invento". "Non existe desde o punto de vista procedimental ningún argumento" que xustifique o veto, afirma a portavoz nacionalista. Así o demostraría, dixo, o feito de no pasado se incorporaren á orde do día outras propostas que conlevaban reformas na Constitución, a última delas a formulada polo PSOE de Zapatero cando se reformou o artigo 355 da Carta Magna para, co apoio do PP, constitucionalizar o déficit cero.

Así pois, BNG, Amaiur e ERC anuncian que recorrerán a decisión. 

Comentarios