A Executiva nacional do BNG estrutúrase en 4 grandes áreas con Lobeira como secretario de organización
Após a súa constitución formal, a Executiva nacional da fronte anunciou o reparto de responsabilidades entre as persoas que a compoñen. Bieito Lobeira releva a Montse Prado ao fronte da secretaría de Organización do BNG.
Na súa segunda xuntanza a Executiva nacional do BNG vén de levar a cabo o reparto das áreas de traballo e as súas correspondentes responsabilidades. A equipa estará encabezada por Xavier Vence logo de ser eleito portavoz nacional na Asemblea nacional decorrida o pasado 17 de marzo. A organización nacionalista optou por estruturar a súa dirección en catro áreas novas que mudan a fórmula empregada con anterioridade.
Área de Organización e Estratexia territorial:
-
Bieito Lobeira, Secretaría de Organización
-
Goretti Sanmartín, Secretaría de Implantación e Estratexia municipal
Área de Comunicación e Imaxe:
-
Xosé Antonio Rubal, Secretaría de Comunicación
-
Montse Prado, Secretaría de imaxe e campañas
Área de acción Parlamentar:
-
Francisco Jorquera, Secretaría de acción institucional no Parlamento Galego
-
Rosana Pérez, Secretaría de acción institucional no Congreso dos Deputados e relacións con organizacións intenacionais do Estado Español
Área de alternativas programáticas e formación:
-
Xavier Campos, Secretaría de alternativas programáticas
-
Adrián Dios, Secretaría de estudos e formación
-
Saleta Chao, Secretaría de políticas sectoriais e coordenación das comisións
Secretaría de política internacional: Ana Miranda
Secretaría de acción social: Rafael Vilar
Secretaría de defensa do territorio: Mar Vila
Secretaría de acción feminista: Ximena Gonzalez
Secretaría de iniciativas políticas: Néstor Rego