A Executiva nacional do BNG estrutúrase en 4 grandes áreas con Lobeira como secretario de organización

Após a súa constitución formal, a Executiva nacional da fronte anunciou o reparto de responsabilidades entre as persoas que a compoñen. Bieito Lobeira releva a Montse Prado ao fronte da secretaría de Organización do BNG.

photo_camera Executiva nacional do Bloque

Na súa segunda xuntanza a Executiva nacional do BNG vén de levar a cabo o reparto das áreas de traballo e as súas correspondentes responsabilidades. A equipa estará encabezada por Xavier Vence logo de ser eleito portavoz nacional na Asemblea nacional decorrida o pasado 17 de marzo. A organización nacionalista optou por estruturar a súa dirección en catro áreas novas que mudan a fórmula empregada con anterioridade. 

Área de Organización e Estratexia territorial:

  • Bieito Lobeira, Secretaría de Organización

  • Goretti Sanmartín, Secretaría de Implantación e Estratexia municipal

Área de Comunicación e Imaxe:

  • Xosé Antonio Rubal, ​Secretaría de Comunicación

  • Montse Prado, Secretaría de imaxe e campañas

Área de acción Parlamentar:

  • Francisco Jorquera, Secretaría de acción institucional no Parlamento Galego 

  • Rosana Pérez, Secretaría de acción institucional no Congreso dos Deputados e relacións con organizacións intenacionais do Estado Español

Área de alternativas programáticas e formación:

  • Xavier Campos, Secretaría de alternativas programáticas 

  • Adrián Dios, Secretaría de estudos e formación 

  • Saleta Chao, Secretaría de políticas sectoriais e coordenación das comisións 

 

Secretaría de política internacional: Ana Miranda

Secretaría de acción social: Rafael Vilar

Secretaría de defensa do territorio: Mar Vila

Secretaría de acción feminista: Ximena Gonzalez

Secretaría de iniciativas políticas: Néstor Rego

Comentarios