O barómetro do CIS prognostica subas de PSOE e BNG e baixadas de PP e Unidas Podemos

O traballo apunta un mantemento da diferentes opción soberanistas.

As eleccións galegas estaban previstas para o 5 de abril (Imaxe: Polaris / Contacto)
photo_camera (Foto: Polaris / Contacto)

O barómetro do CIS de marzo -realizado antes do tremor político desatado no Estado a raíz da moción de censura en Murcia- sinala variacións no mapa político a respecto dos resultados electorais das últimas estatais, en novembro de 2019.

O traballo do Centro de Investigacións Sociolóxicas sitúa PSOE, BNG e Cs entre as formación que mellorarían os seus resultados a respecto daqueles comicios mentres indica que PP e Unidas Podemos obterían un menor apoio electoral que daquela.

Así, o barómetro de marzo outorga ao BNG 0,6% dos votos de haber agora eleccións estatais. Na cita de 2019 obtivera 0,5%. Pola súa parte, o PSOE subiría até o 31,3%, o que supón un aumento de máis de 2 puntos en comparación coa porcentaxe de votos que recadou nas últimas estatais (28%).

Vox manteríase como terceira forza, cun apoio das urnas de 15%, practicamente o mesmo que logrou nos comicios de 2019 (15,09%). Unidas Podemos rexistraría, segundo este traballo, un importante descenso pois daquel 12,8% logrado nas urnas entón pasaría agora a un 9,6%.

Unha porcentaxe esta moi similar á que o CIS outorga a Ciudadanos de haber agora eleccións (9,5%). A formación atinxira 6,7% dos apoios en 2019.

O soberanismo catalán continúa mostrando a súa forza: ERC obtería 3,2% (tivo 3,6% en 2019), Junts per Cat 1,5% e a CUP case 0,9%. No que respecta ás formacións vascas, suba do PNV (de 1,5% a 1,7%) e mantense EH Bildu (1% agora fronte ao 1,1% de hai 17 mese4s.

Comentarios