Bárcenas nega todo, mais Rajoy convoca a cúpula de urxencia

O ex tesoureiro emite un comunicado en que nega a existencia dunha contabilidade B.

Bárcenas nega todos os estremos da información publicada hoxe por El País -que non deixa de ser corolario das divulgadas días atrás por El Mundo. O que non precisa no comunicado é como deu acumulado 22 millóns de euros nunha conta en Suíza.

A tensión é máxima na capital do Estado. Rajoy convoca de urxencia unha cimeira de dirixentes do partido para o vindeiro sábado, mentres a esquerda parlamentar -toda agás o PSOE- exixe a súa demisión.

Comentarios