Axenda de campaña para o domingo 11 de Maio

Primeiro domingo de campaña nestas europeas 2014. O BNG mitinea en Cangas e Ribeira, AGE tamén en Ribeira e Vilagarcía, Compromiso en Muros, o PSOE en Culleredo e Vilagarcía, o PP en Verín e na Pobra do Caramiñal.

mitin age
photo_camera Mítin de AGE

BNG

-12h. Ana Miranda e Xavier Vence en Cangas, Praza das Pontes; 20 h, Miranda e Vence en Ribeira, na Praza do Templete.

AGE

-12.30. Lidia Senra, Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz en Ribeira, no Conservatorio; 20.30, Senra, Beiras e Díaz en Vilagarcía de Arousa, Praza da Peixaría.

Compromiso por Galicia

-12:00. Encontro con simpatizantes en Vilaboa; 13.30, xantar en Outes; 19 h, mítin en Muros.

PSdeG-PSOE.

-12.30. José Blanco en Vilagarcía de Arousa, no Salón García; 20.30, José Ramón Besteiro mitinea en Culleredo, Hotel Crunia.

PP

-14.30. A ministra de Fomento, Ana Pastor, estará na Festa do Choco en Redondela co secretario xeral do PP galego, Alfonso Rueda; 18 h, mítin de Feijóo en Verín, no colexio Amor de Dios; 21 h, mítin de Millán Mon na Pobra do Caramiñal, no Auditorio O Lagar.

Comentarios