Eleccións vascas

En Euskadi cae a participación case tres puntos

Estefanía Beltrán de Heredia informou dos primeiros dados de participación.

Até as 12h os dados de participación rexistrados nas eleccións vascas daban conta do aumento de 0,6 puntos a respeito dos comicios de 2012. Porén, os últimos dados, os rexistrados até as 17h, indican que a participación cae case tres puntos, ao ficar no 44,38% (47,21% en 2012).

Até as 17h participou nos comicios vascos o 44,38% do censo electoral, o que representa unha caída de case tres puntos a respeito das eleccións de 2012, cando até a mesma hora votara o 47,21% do electorado.

Por circunscricións, en Araba a participación cae do 45,03% de 2012 ao 42,48% actual; en Bizkaia pasa do 47,94% de 2012 ao 44,86% actual e en Guipuzkoa cae do 46,97% ao 44,46%.