Eleccións vascas

En Euskadi cae a participación case tres puntos

Até as 12h os dados de participación rexistrados nas eleccións vascas daban conta do aumento de 0,6 puntos a respeito dos comicios de 2012. Porén, os últimos dados, os rexistrados até as 17h, indican que a participación cae case tres puntos, ao ficar no 44,38% (47,21% en 2012).

A conselleira de Seguridade avanzou os primeiros dados de participación
photo_camera Estefanía Beltrán de Heredia informou dos primeiros dados de participación.

Até as 17h participou nos comicios vascos o 44,38% do censo electoral, o que representa unha caída de case tres puntos a respeito das eleccións de 2012, cando até a mesma hora votara o 47,21% do electorado.

Por circunscricións, en Araba a participación cae do 45,03% de 2012 ao 42,48% actual; en Bizkaia pasa do 47,94% de 2012 ao 44,86% actual e en Guipuzkoa cae do 46,97% ao 44,46%.