Audiencia Nacional imputa outros 4 cidadáns galegos por “enaltecemento do terrorismo”

Estas catro persoas participaban en maio na Coruña nunha concentración na que portaron fotos dos independentistas presos. Naquela altura, os encarcerados non foran xulgados nin condenados. Xa son perto de 30 @s galeg@s acusados de “enaltecemento”.

Foto: GZcontrainfo

Mais catro cidadáns galegos veñen de recibir notificacións da Audiencia Nacional en relación a un delito de enaltecemento do terrorismo. Catro nomes máis que se veñen a engadir á pingueira de notificacións que está a decorrer nestes meses. Segundo datos de Ceivar, o número de imputad@s por enaltecemento xa se eleva a 26 persoas.

Nesta ocasión, os acusados pola Audiencia Nacional son A.R.T., J.L.E.R., P.S.E.P. e A.E.E.C, que presuntamente participaron na concentración en solidariedade cos presos independentistas que tivo lugar na Corunha o 31 de Maio deste ano e onde terían portado as fotos dos encarcerados.

"Estas 4 persoas foron identificadas en base a gravacións tomadas pola brigada de información da Policía Nacional", segundo colectivos anti-represivos.

Desde Ceivar apuntan a que esta “imputaçom carece de fundamento jurídico, ao nom poder existir um delito de enaltecimento quando as fotos portadas som de pessoas que, no momento que se celebrou esta concentraçom, ainda nom foram julgadas nem condenadas por delito algú”.

Denuncian aliás, “a xeralización destas imputacións que coartan o dereito de manifestación e libre expresión”.

Comentarios