As Plafaformas de estafad@s polo calote das preferentes poñen "negro sobre branco" na comisión das caixas

Suso Domínguez (Compostela) e Ana María Zas (A Coruña) compareceron na comisión de investigación parlamentar en nome d@s 80.000 estafad@s por este calote. Exixen que se manteña a vía da arbitraxe "para todos" e denuncian que o presidente da Xunta non se teña reunido con el@s desde que comezaron as súas reivindicacións. "Levamos un ano agardando"

"Eu non estou afectada por nada. A min estafáronme". Así de contundente se amosou a voceira da Plataforma de afectad@s pola fraude das preferentes na Coruña, Ana María Zas. Respondía desta maneira á actitude do portavoz parlamentar do Partido Popular. Pedrou Puy referiuse a el@s como "preferentistas" ou "aforradores" mais non como estafad@s pola maior fraude coñecido até o momento na Galiza. 

Desde as Plataformas confirmaron que foi en 2009 a data na que se comercializaron máis participacións preferentes como recolle a propia NGB

"E isto non o dicimos nós", acrecentou Suso Domínguez desde a Plataforma de Compostela "goza dun grande recoñecemento social" que abrangue institucións públicas, fiscais e mesmo conselleir@s e ex-conselleir@s. 

@s representantes d@s vítimas deste calote, denunciaron na súa quenda de intervención o desleixo da Xunta e do Goberno español por ter solicitado "un rescate de 40 mil millóns e unha liña de 100 mil millóns para a banca" e, en troca, ter aprobado unha quita para @s aforrador@s estafad@s que podería ascender ao 70% do diñeiro. 

Zas e Domínguez criticaron con dureza a actitude do Partido Popular "que vota unha cousa aquí e a contraria en Madrid", aseveraron en relación á votación motivada polo BNG na Galiza e no Congreso español. 

"Gostaría de que o presidente da Xunta falase con nós. Levamos un ano esperando"

"Estou alucinando", afirmou Ana María Zas perante as declaración de Pedro Puy. "Dime que o presidente apoia o mantemento da arbitraxe, entón por que votaron en contra no Parlamento?". 

Exixen o mantemento da arbitraxe para tod@s @s estafad@s e de maneira transparente

A piques de concluír o prazo fixado por Madrid para a solicitude da canxe por accións e após rematar a admisión de procesos de arbitraxe desde as Plataformas exixen que se continúe adiante cos arbitrios e que deixe de porse como excusa a negativa de Bruxelas aos mesmos. "Bruxelas di que non pon límites" indicaron. 

"É penoso que teñamos que gastar diñeiro para recuperar o que é noso"

Aliás, exixen do goberno galego que promova un proceso "transparente" porque, din, "é un traxe feito a medida" para a entidade no que mesmo se obrigou @s estafad@s a asinar o compromiso de non recorrer a vias xudiciais se eran admitidas a trámite na arbitraxe. 

"Teño documentación de casos que se cinguen aos criterios da arbitraxe e non foron chamados", subliñou Domínguez "queremos que as condicións se poñan no papel como é debido", acrecentou Zas. 

Comentarios