"Ao censo de afiliad@s de Podemos Galiza só ten acceso a dirección estatal"
Sermos entrevista Breogán Riobóo, aspirante á re-elección como secretario xeral de Podemos Galiza. A conversa, a dupla páxina, aparece no número 187 do semanario, xa na rúa. Eis un pequeno avanzo.
Supoño que serás consciente de que a túa victoria nas primarias sería interpretada como unha derrota de Pablo Iglesias.
Non sei se será esa interpretación ou non. Eu teño que facer o que a xente no seu día me mandatou para facer: preservar os principios de democracia, participación e transparencia.
A día de hoxe non sabes cantas persoas compoñen a afiliación de Podemos Galiza?
A ciencia certa, non. Os censos teñen que descentralizarse. En todo proceso eleitoral o lóxico é que haxa transparecencia, que os censos sexan accesíbeis, para garantir a democracia interna. É preciso que haxa unha publicidade dese censo e tamén unha limpeza, unha actualización.
Podes ler a entrevista íntegra no nº187 do semanario en papel. Á venda na loxa virtual e nos puntos habituais.