BREOGáN RIOBóO, CANDIDATO á REELECCIóN COMO SECRETARIO XERAL

"Ao censo de afiliad@s de Podemos Galiza só ten acceso a dirección estatal"

Sermos entrevista Breogán Riobóo, aspirante á re-elección como secretario xeral de Podemos Galiza. A conversa, a dupla páxina, aparece no número 187 do semanario, xa na rúa. Eis un pequeno avanzo.

Breogán Riobóo
photo_camera Breogán Riobóo

Supoño que serás consciente de que a túa victoria nas primarias sería interpretada como unha derrota de  Pablo Iglesias.

Non sei se será esa interpretación ou non. Eu teño que facer o que a xente no seu día me mandatou para facer: preservar os principios de democracia, participación e transparencia.

miniaturaA cuestión aquí radica en que hai moitas ferramentas que temos que ir descentralizando. Eu como secretario xeral galego non teño acceso ao censo da xente que conforma Podemos na Galiza. Só ten acceso a el a dirección estatal. As secretarías xerais municipais téñenme dito en moitas ocasións: “necesitamos o censo a nível local para contactar con esta xente”. 

A día de hoxe non sabes cantas persoas compoñen a afiliación de Podemos Galiza?

A ciencia certa, non. Os censos teñen que descentralizarse. En todo proceso eleitoral o lóxico é que haxa transparecencia, que os censos sexan accesíbeis, para garantir a democracia interna. É preciso que haxa unha publicidade dese censo e tamén unha limpeza, unha actualización. 

Podes ler a entrevista íntegra no nº187 do semanario en papel. Á venda na loxa virtual e nos puntos habituais. 

Comentarios