Ana Pontón: “Imos rachar o mito de que Feixoo é imbatíbel”

A portavoz nacional do BNG incide en “ler ben o que demanda a sociedade” para poder así “disputarlle a hexemonía ao PP”.

Ana Pontón valora o discurso de Feixoo no Debate do estado da nación (Foto: Álvaro Ballesteros)
photo_camera Ana Pontón nunha imaxe de arquivo (Foto: Álvaro Ballesteros)

“Alargar a base social” do BNG para facer desta organización a forza que lle “dispute ao PP” a hexemonía na Galiza e que abra a porta a que das eleccións de 2024 saia un Goberno nacionalista. Así marcaba a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o camiño que entende que o Bloque debe percorrer.

Nunha entrevista na Cadea Ser, Pontón incidía na mensaxe que leva transmitindo desde hai meses: “Temos que ler ben o que pasa na sociedade, cales son as súas demandas”, consciente de que o BNG, dixo, “é a alternativa para as maioría deste país”.

“Estou convencida de que imos rachar o mito de que Feixóo é imbatíbel”, sinalou, á vez que declaraba que “temos a responsabilidade acertar” para desaloxar o PP da Xunta.

Neste sentido, situou a “defensa dos galegos e galegas” como a razón de ser” do BNG, unha formación que “non copia a ninguén”.

"Unha das tarefas que temos por diante é convertir ese sentimento de país, traducilo en termos electorais en maior apoio ó BNG", indicou. 

A portavoz nacionalista cargou con dureza contra Núñez Feixoo, a quen responsabiliza de ser un rpesidente que pensa Galiza “en pequeno” e subordinada, unha política que, apunta, eiva o país e estraga as súas potencialidades.

Ana Pontón lamenta o nulo espírito de diálogo do PP de Feixoo que rexeitou todas as propostas do BNG no debate sobre o Estado a Nación. Actitude moi distinta, di, a do Goberno español que rectifica e mellora os orzamentos para Galiza por mor, apuntou, da presión do nacionalismo. 

Comentarios