Ana Pontón elixida portavoz nacional con 99% dos votos
A elección dos órganos de dirección desenvolveuse conforme ao previsto. A formalización dunha única candidatura ao Consello Nacional, á Executiva Nacional e á Portavoz Nacional levou a aprobación dos tres niveis de dirección por práctica unanimidade.
A renovación dirección do BNG comezou pola elección do Consello Nacional, votado a man alzada ao presentarse só unha candidatura, para a conformación do máximo órgano de dirección.
O Consello Nacional
O Consello Nacional fica composto pola totalidade dos membros da Executiva así como por unha ampla representación territorial e dos diversos ámbitos de actuación da organización.
O mesmo está integrado por un número importante de responsábeis institucionais da formación. Así, do ámbito municipal incorpóranse á dirección o voceiro do BNG en Lugo, Ruben Arroxo, o portavoz de Vigo, Xavier Pérez Igrexas, a concelleira da Coruña, Avia Veira ou o alcaldesa de Allariz, Cristina Cid
A dirección incorpora tamén a parlamentarios galegos, como Rosana Pérez, Mercedes Queixas, Daniel Castro ou Iago Tabarés. Asemade, integra cadros de relevo no ámbito comarcal como a ferrolá, Mercedes Tobío, a pantonesa, Rosa Prieto ou o militante do Condado, Francisco Chívite .
A Executiva Nacional
A Executiva Nacional conserva o groso dos membros da anterior período. Así, mantense o núcleo duro de dirección con nomes como Bieito Lobeira, Xavier Campos, Carme da Silva, Ruben Cela, Goretti Sanmartín ou Néstor Rego.
As novas incorporacións á dirección proceden do ámbito institucional ou orgánico. Do primeiro, fan parte o parlamentario e voceiro de Soutomaior, Manuel Lourenzo e o ex alcalde vigués, Lois Pérez Castrillo. Do segundo, chegan Lucía López Sobrado ou Breixo Lousada