Gonzalo Caballero

"Aínda non decidín se serei candidato, mais non teño medo a perder"

Todas as voces do PSdeG consultadas por Sermos dan por suposto que o economista Gonzalo Caballero (Ponteareas, 1975) optará a dirixir o partido, mais a este respeito el opta por unha ambigüidade calculada. Na conversa política que publicamos no Sermos252, Caballero reivindica o legado de Touriño -a súa apertura á sociedade no momento en que accedeu á secretaría xeral do PSdeG, o paso previo para a conquista da Xunta en 2005. Eis un avanzo da entrevista.

Gonzalo Caballero
photo_camera Gonzalo Caballero, nun acto das primarias a prol de Pedro Sánchez

-Tes dito que aínda non decidiches se ías apresentar ou non a túa candidatura ás primarias do PSdeG, mais os distintos sectores do partido cos que ten falado Sermos dano por feito. De que pode depender a túa decisión?

3-Se neste momento contestase cun si rotundo ou cun non rotundo, estaría sendo incerto, enganaría os electores. Estou pensando como debe abrirse esa nova etapa no conxunto do PSdeG e eu intentarei ser unha peza útil nese novo tempo. Pero a miña posición nesta nova época aínda está por decidir. É unha decisión individual, mais tamén hai que vela en perspectiva colectiva. En principio, eu non lle teño medo a perder en ningún tipo de primarias, mais creo que hai que facer ben as cousas, porque a responsabilidade, se gañar, vai ser moi forte e a min me preocupa o PSdeG. Polotanto, máis alá de calquera tipo de decisión instantánea ou momentánea hai que ter unha perspectiva de longo prazo e eu intento que a miña decisión sexa coherente con ese proxecto de longo alcance que eu penso necesario para o PSdeG e que veño reclamando desde hai tempo.

[A íntegra desta conversa, unha dupla páxina, aparece no Sermos252, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]

Comentarios