Un mozo propina unha puñada a Rajoy durante un paseo electoral por Pontevedra 

(Imaxe: Pontevedra Viva)

O autor do golpe, de 17 anos, foi detido no momento e asegurou que está "moito contento de telo feito". O agresor é familia da muller do presidente do goberno, afirma 'La Voz'. Vídeo no Interior


Un mozo de 17 anos propiniou na tarde desta cuarta feira unha puñada ao líder do Partido Popular, Mariano Rajoy, durante un paseo electoral en Pontevedra.  O autor golpeou a Rajoy cando este falaba con veciños e veciñas xunto á praza da Peregrina de Pontevedra. As gafas do presidente do goberno ficaron rotas no chan tras o golpe. O agresor foi detido no momento polas forzas de seguridade. O menor asegurou en declaracións recollidas por 'El Pais' que está "moito contento de telo feito".

Según La Voz de Galicia, o agresor é familiar da muller de Mariano Rajoy. pois é fillo dunha curmá da compañeira do presidente do Goberno español.

Rajoy centrou a súa campaña esta cuarta feira en Galiza. A primeira hora da tarde paseou por Vigo e despois dirixiuse a Pontevedra, acompañado do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Malia a puñada, confirmou que pechará o día na Coruña cun mitin ás 20 horas.