"Lesiona a nosa imaxe pública"

Agora Galiza pide á Xunta Electoral que retire o lema do BNG para o 28A por coincidir co seu nome

Nun escrito á XEC a organización afirma que a lenda escollida polo Bloque “usurpa o noso nome”.

agora galiza

Agora Galiza, organización xurdida da implosión de Nós UP en 2015, ven de solicitar á Xunta Electoral Central (XEC) que adopte “as medidas pertinentes” para que se retire a lenda escollida polo BNG para as eleccións xerais do 28 de abril e que é “Agora Galiza”.

Esta organización informa que en xuño de 2018 iniciou o proceso para se legalizar como forza política e entende que se está a “lesionar a nosa imaxe pública” e que mesmo condiciona que poidan concorrer a “procesos electorais co noso nome”. Agora Galiza manifesta no escrito á XEC a súa "contrariedade" e "indignación" polo que cualifican como unha "usurpación do noso nome".

Comentarios