Agora Galiza chama a un 25 de xullo para a "rebeliom popular"

Organiza unha concentración e acto político na Praza 8 de marzo baixo o lema ‘Rebeliom popular. Independência e Pátria socialista’.

agora galiza

Agora Galiza realizará o 25 de xullo unha concentración e acto político en Santiago de Compostela. Será ás 12:00 horas e co lema ‘‘Rebeliom popular. Independência e Pátria socialista’. A formación independentista, que vén de facer dous anos de vida, afirma que “nem Espanha, nem o capitalismo, nem o patriarcado som reformáveis”, situando os tres como “inimigos reais da nossa classe, da nossa naçom e das mulheres”.

Nun comunicado, Agora Galiza sitúa a convocatoria deste 25 de xullo como unha mostra da vontade de avanzar na construción dunha ferramenta organizativa para alén de reivindicar o “dereito à rebeliom” como “eixo e guía” para o independentismo. Agora Galiza naceu .promovida por ex-militantes da esquerda independentista contrarios á disolución de NÓS-UP.

Comentarios