A oposición destaca que Feijóo non ten plan B"

Para PSOE e BNG o novo goberno nomeado por Feijóo é unha mostra de "continuísmo" o que amosa, ao seu xuízo, que o presidente da Xunta demostra non "ter nin impulso político nin capacidade"

Continuísmo. Con esa palabra definen desde as filas socialistas e nacionalistas o novo goberno nomeado por Núñez Feijóo. Para o BNG,  estes nomeamentos son a “demostración de que o señor Feijóo non ten un plan B, só sabe facer recortes e seguirá apostando por estas políticas antisociais e que non serven para saír da crise e por un goberno que xa demostrou a súa perda de impulso político e incapacidade para facer fronte aos problemas e necesidades do noso país”, en palabras de Francisco Jorquera.

Mentres desde o PSdeG, o voceiro do seu grupo parlamentar, Abel Losada, recriminou ao mandatario galego que “poña a Galiza ao servizo do PP”, como se desprende da súa decisión de manter un goberno continuísta e no que “se premia ao comisario político do Partido Popular de Galicia e Secretario Xeral, Alfonso Rueda con unha vicepresidencia”. A decisión de Feijóo de manter no seu posto á totalidade dos responsables das consellarías do anterior goberno, coa excepción do titular de Industria, Javier Guerra, substituído por Francisco Conde, é entendida polos socialistas como unha maneira de “perseverar no erro” do Presidente galego.

Comentarios