A Fiscalía española abre dilixencias contra Ana Pontón por supostas inxurias á Coroa

A asociación monárquica Concordia Real Española denuncia Pere Aragonés (ERC), Ana Pontón (BNG) e Teresa Rodríguez (Adelante Andalucía) por inxurias á Coroa e por críticas á monarquía.  
 
photo_camera Un total de 637 rúas, prazas ou avenidas de España levan o nome de Xoán Carlos I [Europa Press].

A Fiscalía da Audiencia Nacional vén de abrir dilixencias de investigación debido a tres denuncias presentadas pola asociación monárquica Concordia Real Española contra as líderes do BNG, Ana Pontón; ERC, Pere Aragonés; e Adelante Andalucía, Teresa Rodríguez; por inxurias á Coroa por mor dos seus comentarios sobre a o exilio do rei emérito, Xoán Carlos I de Borbón e as súas críticas á Monarquía.

Así o vén de confirmar e denunciar Néstor Rego, Deputado do BNG no Congreso, na súa conta de Twitter

Deste modo, unha fiscal que estará nomeada para levar o asunto, será a persoa encargada de investigar se estes feitos que denuncia a asociación monárquica Concordia Real Española son ou non constitutivos de delito e se procede, ou non, presentar unha querela.

Comentarios