Catalunya pecha a campaña electoral e agarda o 25 N
Despois de quince días intensos de campaña electoral, hoxe celébranse os últimos actos de cara ás eleccións ao Parlamento catalán do 25 N. Algúns partidos políticos decidiron adiantar o mitín de peche, é o caso de do PSC, ICV-EiU e Ciutadans.
@s socialistas tiveron en Barcelona ao secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, que propuxo “avanzar para seguir xuntos, sen romper nin retroceder”. Apoiou a idea do candidato, Pere Navarro, de transformar ao Estado español "en federal". Diante de mási de 8.000 persoas Navarro chamou ao voto dos contrarios á independencia.
ICV-EUiA celebrou tamén en Barcelona o seu mitín de peche ao que asistiron unhas 800 persoas. O candidato, Joan Herrera, sintetizou na Syriza grega "un exemplo para a alternativa de esquerdas que queremos liderar en Catalunya, que pare os recortes e se enfronteaos poderosos". No acto participou o líder de Syriza, Alexis Tsipras, que alertou que "o pobo catalàn ten todo o dereito a decidir, mais ten que saber que algunhas forzas políticas xogan a este xogo para agachar a súa cara neoliberal".
Albert Rivera, candidato por Ciutadans, asegurou onte no acto de peche en Barcelona, que o activo máis grande da súa formación é "a confianza". Diante de 800 persoas asegurou que o seu partido ten que ilusionar desde "un proxecto común dunha España de libres e iguais".
CiU, CUP, PP, ERC e SI
Artur Mas terá hoxe o seu peche de campaña en Barcelona. Onte, nun mitín en tarragona, asegurou que "a maior parte da xente dixo basta e desconectou emocionalmente do que significa o Estado español perque pensaban que os estados eran para axudar á xente e non para afundila”. Sobre as graves acusacións publicadas os últimos días polo xornal El Mundo dixo que "a brutalidade dalgúns ataques será, com é agora, directamente proporcional ao que nos xogamos”.
ERC tamén estivo onte tamén en Tarragona celebrando o seu penúltimo mitin. Oriol Junqueras sinalou no seu discurso que "as mellores épocas da nosa historia son aquelas nas que miramos máis lonxe més lluny". Para o lider independentista é importante "mirar a Europa e ao mundo". Para aquel@s que pensan que Mas ten que guiar o proceso cara a independencia afirmou que "o mellor é votar Esquerra Republicana, perque se o futuro goberno vai en serio, nós seremos os seus socios máis fiables". O seu peche de campaña será en Girona.
Alfons López Tena, candidato de SI, sinalou no mitin de onte que a independencia "é única opción para sobrevivir como pobo" que ten Catalunya. O acto de fin de campaña será este serán en Barcelona e participarán, ademais de López Tena, os candidatos número dous e tres pola circunsscrición de Barcelona, Uriel Bertran e Núria Cadenes.
A CUP-AE sinalou que traballará por "impulsar a ocupación no sector público, o establecemento dun salario social e o fomento da economia cooperativa, chaves para repartir o traballo e a riqueza". David Fernàndez, candidato por Barcelona, dixo que esta formación aposta por "reducir a xornada laboral" posto que "o paro que padecena s clases populares coincide coas xornadas maratonianas que teñen moitos traballadores e treballadoras que aínda teñen traballo". Hoxe celebrarán o acto de peche de campaña en Barcelona.
A candidata do PPC, Alícia Sánchez-Camacho, dixo que o seu partido non quere un Parlamento "nin identitario, nin soberanista". A candidata afirmou que "o vindeiro domingo cada voto que non vaia ao Partido Popular, vai ser un voto que CiU empregará para romper co resto de España e de Europa". O peche de campaña do PPC vai ser en Cerdanyola del Vallès.