Salvador Sobral (bmp): Marcando a extensión do territorio

Salvador Sobral, nunha fotografía de 2017 (Imaxe: Nós Diario)
Dicir que bmp é un disco jazzístico non é faltar a verdade, mais tampouco dá conta da amplitude dos rexistros nos que se apoia. Salvador Sobral móvese no terreo do pop, mais reviste as súas melodías dun envoltorio musical complexo, plural e cheo de capas que o emparentan con múltiplos xéneros. En realidade, o que importa é que este vén sendo o disco máis completo da súa carreira, e iso coincide con ser tamén o primeiro composto e escrito na súa totalidade polo propio Sobral (sempre coa complicidade do seu parceiro Leo Aldrey). Algo haberá aí de crecemento persoal.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.