A xuíza da querela arxentina chama a declarar o ex ministro franquista Martín Villa polos crimes da ditadura

A xuíza María Servini solicita a comparecencia do ex ministro franquista e ex deputado do PP Rodolfo Martín Vila no caso dos crimes do franquismo.

2019032814541467818
photo_camera Ana Miranda e María Servini

O BNG deu a coñecer esta quinta feira, día 28, a petición de comparecencia do ex ministro franquista e ex deputado do PP Rodolfo Martín Vila no proceso xudicial sobre os crimes do franquismo que instrúe a xuíza arxentina María Servini.

A eurodeputada nacionalista, que forma parte do Grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo, reuniuse a pasada segunda feira coa xuíza nun encontro en que lle solicitou que fixese todo o posíbel por acelerar o proceso de imputación do ex ministro, informa o BNG nunha nota de imprensa.

Miranda insta o Goberno central a “non obstaculizar” o traballo da xuíza arxentina, como solicitou a propia maxistrada en diversas ocasións. Servini instrúe desde 2010 o único proceso xudicial do mundo que investiga os crimes do franquismo e en 2014 ditou unha orde de  detención internacional para que o ex ministro franquista fose extraditado a Arxentina co fin de tomarlle declaración. A solicitude de extradición fora rexeitada a través dun acordo do Goberno de Raxoi en marzo de 2015.

Tras esta negativa por parte do Goberno español a colaborar coa investigación dos crimes do franquismo, Servini emitiu unha comisión rogatoria para tomarlle declaración nos xulgados españois. Esta primeira comisión rogatoria foi, de novo, rexeitada en outubro de 2016.

Resolución contra o fascismo

Durante o seu encontro coa xuíza arxentina, Miranda entregoulle a “Resolución do Parlamento Europeo sobre o avance do fascismo en Europa”, aprobada o pasado 25 de outubro de 2018, para que sexa incorporada ao expediente del franquismo. Miranda tamén lle fixo entrega do libro dos investigadores galegos Carlos Babío e Manuel Lourenzo sobre o Pazo de Meirás.

Comentarios