Suspendidos varios actos do Día da Galiza Mártir

Polas condicións meteorolóxicas adversas.

A Fundación Alexandre Bóveda e o Concello de Poio acordaron suspender os actos previstos para comemorar o Día de Galiza Mártir na Caeira, diante do monumento ao galleguista asesinado o 17 de agosto de 1936.

O motivo da decisión son as condicións climatolóxicas, de chuvia, que desaconsellan realizar este acto, que fica adiado até unha nova data aínda por determinar.

Tamén suspenderon os actos previstos para hoxe polo Día Da Galiza Mártir o BNG e Galiza Nova, que organizaran o tradicional acto nacional na Praza de Curros Enríquez de Pontevedra.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pretende institucionalizar o Día da Galiza  Martir con actos programados para hoxe a partir das 20 horas en Sarria; unha ofrenda floral e unha conferencia do historiador Rafael García, na Casa da Cultura dese municipio, ademais da actuación do grupo  Raiceira que amenizará o evento.

Comentarios