'Santa Isabel', décima entrega do coleccionábel 'A historia marítima baixo as nosas augas'

Cadro sen título, sobre o naufraxio do Santa Isabel, pintado polo galego José Seijo Rubio (Foto: Centro Galego de Avellaneda).
Lembraba o meu amigo Tucho, aló polo 1966 e con catorce anos de idade que, a bordo da dorna familiar Segunda Marujiña, xunto ao seu pai e patrón, Juan de Piche, capturaban polbos entre a Pegar e Punta Besugueiros, xusto onde se ergue o faro da illa de Sálvora. Os cefalópodos que pescaban co cotelo, traían adheridos aos seus tentáculos moitos anacos de cerámica debullada e pulida nos seus cantos que o seu pai sen darlles a menor importancia volvía a guindar ao mar. Anos despois, laiaríase Tucho de non ter conservado moitas desas pequenas pezas de louza, pois descubriu que pertenceran á vaixela do vapor español 'Santa Isabel' que afundira de madrugada nese mesmo lugar, tras montar coa súa quilla a pedra da Pegar, facía 45 anos...
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.