'Santa Isabel', décima entrega do coleccionábel 'A historia marítima baixo as nosas augas'

Lembraba o meu amigo Tucho, aló polo 1966 e con catorce anos de idade que, a bordo da dorna familiar Segunda Marujiña, xunto ao seu pai e patrón, Juan de Piche, capturaban polbos entre a Pegar e Punta Besugueiros, xusto onde se ergue o faro da illa de Sálvora. Os cefalópodos que pescaban co cotelo, traían adheridos aos seus tentáculos moitos anacos de cerámica debullada e pulida nos seus cantos que o seu pai sen darlles a menor importancia volvía a guindar ao mar. Anos despois, laiaríase Tucho de non ter conservado moitas desas pequenas pezas de louza, pois descubriu que pertenceran á vaixela do vapor español 'Santa Isabel' que afundira de madrugada nese mesmo lugar, tras montar coa súa quilla a pedra da Pegar, facía 45 anos...
Cadro sen título, sobre o naufraxio do Santa Isabel, pintado polo galego José Seijo Rubio (Foto: Centro Gallego de Avellaneda).
photo_camera Cadro sen título, sobre o naufraxio do Santa Isabel, pintado polo galego José Seijo Rubio (Foto: Centro Galego de Avellaneda).
O Titanic galego Viaxamos até a costa norte da ría de Arousa, dunha beleza espectacular, bañada por un Atlántico que foi testemuña muda ao longo do tempo de innumerábeis traxedias marítimas…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios