mércores 12/08/20

Regueira reivindica o papel da Deputación da Coruña no proceso de recuperación do Pazo de Meirás

Xosé Regueira (Deputación da Coruña)
Xosé Regueira (Deputación da Coruña)

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, reivindica o labor desenvolvido pola Deputación da Coruña nos últimos catro anos para avanzar no proceso de recuperación do Pazo de Meirás como ben público. Considera que o luns se inicia un "xuízo pola dignidade e fundamental para poñer fin ao espolio do franquismo"

vindeiro 6 de xullo principiará na Audiencia Provincial na Coruña o xuízo pola reclamación da propiedade do pazo de Meirás á familia de Francisco Franco, cumpríndose así unha das demandas da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás que se creou  a instancias da Deputación da Coruña co fin de contribuír á xustificación documental e legal para a devolución do inmóbel.

"A creación da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás, cos mesmos integrantes con representantes das mesmas institucións que constituíran a Xunta pro Pazo que fora unha ferramenta do franquismo, foi fundamental para avanzar no proceso que levou ao xuízo que comeza o luns e que agardamos sexa o último paso para recuperar o Pazo de Meirás como ben público", sinalou Xosé Regueira.

A Xunta pro Devolución do Pazo tamén encargou a dous equipos de especialistas a elaboración dun informe histórico (dirixido polo profesor da Universidade de Santiago, Emilio Grandío, que tivo na orixe a investigación de Carlos Babío e Manuel Pérez) e un informe xurídico que correu a cargo do profesor da USC, Xabier Ferreira que, segundo Regueira, "abriu as portas á liña argumental para asentar unha base sólida de reclamación do pazo, ademais de indicar que, con vistas a súa eficacia, tiña que ser o Goberno central o que iniciara accións xudiciais, como finalmente se conseguiu".

A Deputación da Coruña participará tamén no xuízo ao se recoñecer a súa condición de parte interesada,  tanto no proceso do espolio como no impulso da creación da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás composta por concellos, entidades da memoria, a Real Academia Galega e as Universidades.

comentarios