'As guerrillas galegas ao descuberto'

Partido Comunista e guerrilla antifranquista galega (e II)

Folla voandeira espallada polo PC en 1947. (Foto: Arquivo Bernardo Máiz)

Mesmo na noite mais triste
em tempo de servidão, 
há sempre alguém que resiste
há sempre alguém que di nâo. 
Manuel Alegre

As autoridades franquistas responderon con enerxía ao ascenso de accións armadas apreciábel desde 1946. O brutal “Decreto-Ley sobre represión de los delitos de bandidaje y terrorismo”, de abril de 1947, permitía ás forzas policiais utilizar calquera método para combater o antifranquismo. Mellorada a conexión entre o Servizo de Información da Garda Civil (SIGC), popularmente coñecida como a “brigadilla”, e a Brigada Político-Social (BPS) da policía, medrou a infiltración, compra de vontades, sancións económicas, desterros, controis, cárcere, contrapartidas, violacións, torturas, “lei de fugas”, asasinatos. 

 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.