A guerrilla antifranquista na bisbarra de Vigo (e II)

Organizando a resistencia

Até o ano 1939, as actuacións levadas a cabo polos diversos grupos de fuxidos armados que andaban pola nosa zona estiveran dirixidas principalmente á procura da propia supervivencia (roubos en tendas e tabernas, sobre todo) ou de escarmento a presuntos acusóns policiais, máis que a enfrontarse directamente coa nova orde de cousas. Non será até despois do outono de 1939, ao verse frustrada a promesa de perdón do gobernador Gómez Cantos, cando pequenos grupos de antigos fuxidos —ou de novos homes que deciden a partir de agora sumarse aos proscritos ao comprobar como se incrementa a persecución á que son sometidos polas forzas policiais—, cando comece a xestarse o xermolo dunha feble organización guerrilleira na nosa bisbarra. 
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.