Os noventa nomes das vítimas da represión soterradas no cemiterio de Celanova

Detalle do memorial, cos nomes das vítimas. (Foto: Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova)
A parte vella do cemiterio camposanto acollerá un memorial con todos os nomes deseñado por Baldomero Moreiras.

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova vén de facer pública a lista que figurará no memorial aos asasinados entre 1936 e 1943 e mortos na Prisión Central de Celanova, que foron enterrados no cemiterio de San Breixo.

A lista de referencia foi elaborada polo profesor Domingo Rodríguez Teijeiro (Universidade de Vigo) e publicada en 1999 no seu ensaio Longa noite de pedra no Mosteiro de San Salvador: represión e reclusión en Celanova (1936-1943).

O traballo do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova consistiu nunha revisión, un por un, dos expedientes carcerarios e outra documentación da Prisión Central, así como obxectos e nova documentación achegada polas familias que se localizaron. Ademais, incorporáronse catro nomes máis –excluíuse un– trala revisión do material en arquivos, e engadíronse ademais dúas vítimas de paseos en Celanova no 36 e o guerrilleiro asasinado na Caseta en Ansemil no 43.

O memorial, deseño do artista plástico Baldomero Moreiras, en ferro e aceiro, e que se erguerá sobre unha lápida no pequeno xardín da parte vella do camposanto que se conserva intacta desde aqueles anos, foi financiado polo Plan Estatal de Fosas 2021-2024, coordinado en Galiza polo Grupo Histagra da USC.

Estes son os 90 nomes que figurarán na placa do memorial, por orde cronolóxica e data de soterramento:

1936

1. Emilio Fuentes Canal
2. Manuel Fuentes Canal

1938

3. Benito Bello Fernández
4. Fernando Rodríguez Rodríguez
5. Juan Bueno Sordo
6. Gaspar Fernández Pérez
7. Eladio Menéndez García
8. Agustín Cuervo Carrión
9. Vicente Méndez Fernández
10. Plácido Rosal Valdés
11. Enrique Rodríguez Castaño
12. Ángel Santos González
13. Manuel Faría
14. Ventura Fernández García
15. Mariano Panizo Fernández
16. José Gómez De la Rocha

1939

17. Clemente Abenia Escudero
18. Francisco Solano Lorenzo Ayllón
19. Vicente Álvarez García (Toledo)
20. Manuel Espina Espina
21. Honorio López García
22. José Álvarez Bardasquera
23. Cándido Alonso Escudero
24. Plácido Álvarez Pacheco
25. Abelardo Suárez del Busto
26. Alfonso Moreno Gayol
27. Baldomero Vigil-Escalera Vallejo
28. Belarmino Álvarez García
29. Guillermo de Diego Álvarez
30. Marcelino Fernández García
31. Mariano Blanco González
32. Domingo Mantilla González
33. Enrique Menéndez Zapico

1940

34. Felipe Fernández Álvarez
35. Luis González González
36. Samuel Pico Méndez
37. Lino Álvarez González
38. Ricardo Alegre Serrano
39. Emilio Casielles Álvarez
40. Juan Solís Fernández
41. Amador Mata Mata
42. Bautista García Buelga
43. Julián Antón Parrondo
44. Andrés García Olivares
45. Victoriano Fernández Moreno

1941

46. Constantino Díaz Tuya
47. Domingo Cervera Valverde
48. José Suárez Blanco
49. Luis Álvarez Prendes
50. David Sierra Feito
51. Máximo Ruiz Sánchez
52. Gerardo Tovar Gris
53. Vicente Álvarez García (Oviedo)
54. Francisco Quesada Ruiz
55. Francisco Fernández Llaneza
56. Francisco Enterría Niembro
57. Enrique Senra Fernández
58. Jesús Busto Alonso
59. José Rosales Frías
60. Joaquín García Fernández
61. Ramón Fuentes Gámez
62. Telesforo García Garrido
63. Aniceto Tascón Tascón
64. Robustiano Zuazua Menéndez
65. Gabriel López Gómez
66. Constantino Tuero Amandi
67. Rafael Morales Gordo
68. Francisco Soto Sánchez
69. Victoriano López García

1942

70. Ramón Perna Vallarín
71. Juan Caso Menéndez
72. José Solana Ferraz
73. Faustino González Hevia
74. Jacinto Resino Crespo
75. Fernando González González
76. José Tuñón Díaz
77. Andrés Blanco Poyuelo
78. Anastasio Blas González
79. Nicasio Vázquez Zurita
80. Pedro Jado Bermejo
81. Donato Tejido López
82. Ildelfonso Martínez Jiménez
83. Edilberto Benito Venegas

1943

84. Francisco Moreno Medina
85. Hermenegildo Crespo Velasco
86. Cástor Martín Delgado
87. Julián De Diego Ortego
88. Ramón Yáñez Pereira
89. Manuel Gregorio Nieto Morales
90. Juan Masa Chamorro

Inaugu​ración

Nos próximos días darase a coñecer a data da inauguración do memorial. Nun comunicado, o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova expresa o desexo de que ao acto poidan acudir membros das doce familias que xa foron localizadas (apenas 13%) e asegura que realizou xestións diante da Dirección General de Memoria Democrática do Goberno de Asturias para que envíe aos actos unha representación desta administración, que colaborou moi activamente "para o éxito dos actos de setembro de 2021 e xuño de 2023", que permitiron a localización das primeiras familias das vítimas da fosa.

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova visitou a finais de xaneiro en Asturias familiares de presos e realizou xestións para que a familia Vigil-Escalera poida recibir nas próximas semanas os restos de Baldomero Vigil-Escalera Vallejo, identificados tras a intervención na fosa e o contraste das probas de ADN. A familia, confirman, mostrou a súa vontade de que o acto se realice en Xixón e, na medida do posíbel, antes da inauguración en Celanova do memorial.