Mondariz homenaxea 6 agraristas do Baixo Miño asasinados polo franquismo

(Foto: Silvia Mella)

Por volta de 200 persoas tomaron parte no acto organizado por Condado Antifascista.

Unhas 200 persoas tomaron parte esta fin de semana no antigo matadoiro de Mondariz no acto de lembranza e homenaxe aos 6 antifascistas asasinados o 4 de outubro de 1936 nese lugar.

“Os asasinados eran naturais de Tomiño e de Tui e foron representantes activos do agrarismo e do republicanismo, varios deles concelleiros”, indican desde Condado Antisfascista, convocante da homenaxe.

Durante o acto interviron representantes de  varios colectivos e dos alcaldes e alcaldesa de Tomiño, Tui e Mondariz, para alén de se inaugurar un monólito do recordo.

Domingo Páramos, Manuel Pérez Besada, Francisco Rodríguez Otero, Hipólito Gallego, Manuel Piñeiro, Fernando Estévez e Pérez Besada foron asasinados en Mondariz e os seus corpos acabaron nunha foxa común no Val dos Caídos.

Os asasinados tiñan en común, para alén de profesións e diferentes sensibilidades da esquerda, ser nomes relacionados co agrarismo, movemento que en Mondariz tiña especial forza, de aí que a súa escolla para ser asasinados nel polos fraqnuistas poidese responder a un castigo ‘exemplarizante’.