Memoria, que memoria? Os escenarios dunha nova lei da memoria marcada actualmente en tramitación

A familia real en Meirás con Francisco Franco (Imaxe: Nós Diario)
É posíbel que non lle acaia adxectivación ningunha. Que a memoria sexa só iso, memoria; e que a pretensión de arrexuntala non sexa máis que unha trampullada. Primeiro engadíronlle o de “histórica”, sen reparar no símil que propuxera o finado historiador británico T. Judt de comparalas con dúas medias irmás. Unha, a memoria, nova, espelida e fermosa, a outra, vellouqueira, aburrida e de escaso atractivo; pero que non poden vivir unha sen outra. A historia precisa do rego constante da memoria e esta vese alterada con frecuencia pola primeira. Agora quérenlle aquelar o engadido “democrática”, cando é evidente que pouco democrático hai na memoria, sempre persoal, verdadeira, indiscutíbel, subxectiva, certa, “vasmo dicir ti a min que o vivín”, pódeche retrucar unha testemuña si lle argúes desde o andel da aburrida academia. Así que, na verdade, do que vai o asunto é de non chamarlle ás cousas polo seu nome.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.