Marín homenaxea as vítimas do franquismo o día de Ano Vello

O historiador e escritor Xosé Álvarez intervirá no acor de homenaxe ás vitimas do franquismo en Marín. (Foto: Nós Diario)

Marín homenaxe aos seus represaliados o 31 de decembro. O acto busca honrar a memoria de Albino Agraso Santamaría, Antonio Blanco Solla, Amando Iglesias Pérez, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Santiago Ramos Ramos e Bernardino de la Torre Fernández, fusilados o 31 de decembro de 1936.

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMH) organiza ás 13 horas de 31 de decembro no Paseo Alcalde Antonio Blanco  un acto de homenaxe aos veciños desta localidade asasinados no día de Ano Vello de 1936.

A xornada contará coa intervención dos directivos da ARMH de Marín Queta Otero e Xulio Pardellas. Ao tempo, dará lectura a un texto Uxía Lubián Pardellas e rematará o acto cunha actuación musical de Ulises Trío.

A ARMH de Marín sinala que “non pode entenderse o presente nin construír o futuro se ignoramos o noso pasado, chamamos á participación neste acto de xustiza, verdade e reparación, no que estarán presentes tamén familiares das persoas homenaxeadas”.

Os mártires de Marín

As persoas homenaxeadas na terza feira en Marín son Albino Agraso Santamaría, Antonio Blanco Solla, Amando Iglesias Pérez, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Santiago Ramos Ramos e Bernardino de la Torre Fernández, fusilados o 31 de decembro de 1936.

A lembranza das vítimas da represión en Marín correrá a cargo do escritor e investigador Xosé Álvarez Castro, invitado nesta ocasión pola ARMH de Marín para intervir no acto.

Álvarez Castro, un dos maiores especialistas na represión franquista en Pontevedra, explica a Nós Diario que "a represión do maxisterio por parte do franquismo, lembrando as figuras José Carlos Villar García, Mariano García Martínez e Celestino Noya Rodríguez".

A represión do maxisterio

José Carlos Villar García, Mariano García Martínez e Celestino Noya Rodríguez foron tres profesores de bacharelato represaliados que deron clase no instituto de Pontevedra” sinala Álvarez Castro, quen indica que “foron pouco estudadas”.

Villar García fixo parte do Seminario de Estudos Galegos e foi concelleiro de Esquerda Republicana en Noia. García Martínez foi un dos investigadores da Misión Biolóxica expulsado da universidade após o golpe de Estado de 1936.

Celestino Noya Rodríguez, presidente da Deputación de Lugo na etapa da Fronte Popular e autor da novela Morta! en editorial Lar, no período republicano militou en Esquerda Republicana a onde chegou desde as filas do nacionalismo.