A Fundación Galiza Sempre homenaxea a xeración da Asemblea Nacional Popular Galega
A Fundación Galiza Sempre conmemorou este sábado o 50 aniversario da Asemblea Nacional Popular Galega (AS-PG). Nunha xornada que decorreu en Compostela, esta entidade lembrou que en abril de 1975, aproveitando a porta de liberdade que se abría para a loita pola liberación nacional galega coa Revolução dos Cravos, nacía na cidade do Porto a primeira organización de masas do nacionalismo galego.
O acto abriuno o presidente da Fundación Galiza Sempre, Rubén Cela, que salientou o traballo desenvoltou pola AN-PG desde a súa constitución, sinalando as "exitosas" mobilizacións sociais levadas acabo en contra das encrobas, os encoros franquistas, a loita xunto as comisións labregas contra a cuota empresarial ou mesmo a pretensión da instalación dunha central nuclear en Xove, entre outras moitas.
“A verdade, e que visto en perspectiva, é difícil facer tanto en tan só sete anos de existencia. Sen lugar a dúbidas, a AN-PG foi un gran éxito colectivo do momento nacionalista e do conxunto do pobo galego” apuntou. Para Cela non se podería entender o que hoxe é o BNG sen o legado da Asamblea Nacional Popular Galega.
Despois interveu a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, para destacar o papel fundamental da AN-PG na construción do nacionalismo galego moderno. A líder nacionalista subliñou "a vixencia dos principios da autoorganización e unidade do nacionalismo como clave para seguir avanzando cara un goberno galego que defenda con lealdade os intereses do país".
"O BNG de hoxe é o resultado do esforzo e do compromiso dunha xeración que, en tempos de ditadura, teceu unha rede de organizacións nacionalistas baseadas na autoorganización e nun proxecto ancorado na nosa singularidade como nación", afirmou.
Nesta liña, reivindicou o legado da AN-PG como unha referencia esencial na evolución do movemento nacionalista galego e destacou que, grazas a aquel traballo, hoxe o BNG está en condicións de liderar Galiza.
Palestras
Posteriormente, o portavoz da AN-PG de 1977 a 1982, Lois Diéguez, disertou sobre a consolidación do nacionalismo popular galego en 1977 presentado pola secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez.
Tras unha pausa, a xornada continuou con dúas palestras. A primeira, titulada 'Do pobo e para o pobo.A articulación dunha alternativa frentista' e moderada pola xornalista Carme Vidal, reuniu á activista contra a central nuclear de Xove, Xulia Canoura; ao Secretario Nacional de ERGA nos anos 84 e 85, Francisco Jorquera; e ao membro dos Comités de Apoio á Loita Labrega, Manuel Dacal.
A segunda, baixo o nome de '1982 O nacemento da unidade nacionalista', interviron o membro da Comisión Xestora da Fronte que deu lugar ao BNG, Francisco Rodríguez, e o militante da AN-PG e moderador da asemblea fundacional do BNG, Alfredo Suárez Canal. Moderou esta palestra a membro da Executiva Nacional do BNG, Olaia Ledo.