Ensaio de Veiga Alonso

O esboroamento do Antigo Réxime en Mondoñedo

O profesor Xosé Ramón Veiga Alonso presenta esta sexta feira en Foz o seu último libro, Poder e política na Galiza vilega (editorial Bolanda). Centrada nas antigas provincias de Lugo e Mondoñedo e no período que vai de 1790 a 1833, a obra analiza o esboroamento do Antigo Réxime e a súa pelexa a vida ou morte co liberalismo.
 

seminario-mondonedo--644x362
photo_camera Imaxe do seminario de Mondoñedo.

A libraría Bahía de Foz acollerá, ás oito e media do serán, o acto, organizado pola asociación cultural A Pomba do Arco. “O libro repasa a liorta entre Antigo Réxime e liberais en clave de poder político”, sinalan desde a agrupación, “en diversas vilas daquela situadas nas provincias de Lugo e Mondoñedo”.

A colisión entre absolutismo e constitucionalismo, engaden, debe entenderse non unicamente a partir de marcos xerais, senón tamén atendendo “á súa concreción logo de pasar pola peneira dos microcosmos vilegos”. Sobre estes asuntos, e con esta perspectiva, refelxiona Veiga Alonso, que noutros traballos se debruzou arredor doutros aspectos do liberalismo en Galiza.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios