A libraría Bahía de Foz acollerá, ás oito e media do serán, o acto, organizado pola asociación cultural A Pomba do Arco. “O libro repasa a liorta entre Antigo Réxime e liberais en clave de poder político”, sinalan desde a agrupación, “en diversas vilas daquela situadas nas provincias de Lugo e Mondoñedo”.
A colisión entre absolutismo e constitucionalismo, engaden, debe entenderse non unicamente a partir de marcos xerais, senón tamén atendendo “á súa concreción logo de pasar pola peneira dos microcosmos vilegos”. Sobre estes asuntos, e con esta perspectiva, refelxiona Veiga Alonso, que noutros traballos se debruzou arredor doutros aspectos do liberalismo en Galiza.