martes 26/10/21

Defensa, contraria a eliminar os nomes franquistas de Ferrol

O Ministerio afirma que os nomes vinculados coa ditadura no Arsenal "lembran membros da Armada ou buques con vinculación coa cidade de Ferrol".

rueiro ferrol franquista

Defensa non semella polo labor de retirar os nomes e símbolos franquistas das instalacións que xestiona en Ferrol, o Arsenal Militar. Nos últimos anos multiplicáronse s peticións para que eliminase nomes como Marqués de  Alborán, Crucero Baleares ou Almirante Fernández Martín por parte de colectivos de militares antifranquistas, oorganizacións políticas e sindicais ou ferroláns que foron presos políticos no franquismo.

Mais o Ministerio de Defensa non considera que eses nomes deban retirarse. Así o expón nunha resposta a unha pregunta formulada polo deputado de Eh Bildu Jon Iñarritu. o abertzale fixera unha pregunta ao Goberno español sobre se valoraba eliminar os nomes destas rúas, cumprindo así coa Lei de Memoria Histórica.

Na resposta, de hai unhas semanas, o ministerio de Defensa non se mostrou  moi partidario do cambio de nome das rúas. Alegou que se revisaron “ os símbolos e nomes” e consideran que se manterán “xa que lembran membros da Armada ou buques con vinculación coa cidade de Ferrol”. En ningún momento, o Goberno incluíu na súa resposta a vinculación destes nomes co franquismo.

Preocupación

O pasado mes de decembro, 16 presos e presas políticas de Ferrol baixo a ditadura franquista remitiron unha carta á ministra de Defensa, Margarita Robles, na que instaban o Ministerio a que retire os símbolos franquistas que aínda perviven en instalacións da armada ferrolá.

Na carta indicabann que "o propio ministerio de Defensa promociona ou permite a apoloxía, exaltación ou enaltecemento do franquismo. En Galiza permanecen hoxe 23 símbolos franquistas en instalacións que dependen de Defensa e 13 están en Ferrol".

comentarios