DI QUE TAL DíA COMO HOXE "FALECíA" O POETA

A conta twitter da CRTVG omite nun chío que Lorca foi asasinado

Non é un eufemismo, é directamente unha ocultación.

A conta twitter da CRTVG informa así do 79 cabodano do fusilamento de Federico García Lorca, producido na madrugada do 18 de agosto de 1936:

É evidente que no texto se omite o feito de o autor de Poeta en Nueva York ter sido fusilado polos fascistas que perpetraron o golpe de Estado do 18 de Xullo de 1936.

O chío produciu obviamente reaccións de indignación na rede:

 

 

No momento en que rediximos esta información, a/o community manager que xire a conta twitter da CRTVG aínda non respondeu a estas persoas.

Comentarios