Cen anos da visita de Cambó á Galiza
O 10 de setembro de 1917, Francesc Cambó chegaba á Galiza acompañado doutros dirixentes do catalanismo. O político catalán era o espello para o conxunto dos nacionalistas do Estado e para unha parte significativa da opinión progresista. Recuperamos aqueles días e o significado que a súa estadía representou para o nacionalismo galego.
As relacións entre o nacionalismo galego e catalán veñen de vello. Nos albores do movemento nacionalista galego, a mocidade provincialista partillaba orientacións, relacións e amizade con aqueloutra que en Catalunya iniciaba a renaixença. Así, o grande Víctor Balaguer aparecía como colaborador de El Porvenir compostelán e dedicaba na prensa madrileña versos laudatorios a Antolín Faraldo. Nas décadas finais do século XIX, o catalanismo collía folgos das achegas de Alfredo Brañas, afirmando ao tempo o propio Cambó que remataría por iniciarse na loita patriótica após escoitar unha charla do galego en Barcelona. E así foi tamén nos tempos da Liga Galega, e continuou coas Irmandades da Fala, que non tardaron en tentar estreitar lazos coas patriotas cataláns, situados xa na avanzada da loita polas liberdades nacionais.
[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 244, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]