O campo de concentración do dique ferrolán
O campo de concentración do dique mantívose en funcionamento desde xullo de 1936 até cando menos abril de 1939. A penitenciaría aberta no Arsenal de Ferrol estaba conformada por uns barracóns instalados no dique do arsenal para acoller os detidos, sendo auxiliados durante un breve período de tempo por unhas embarcacións atracadas no dique da base militar.
Un cárcere para catro mil persoas
O centro de detención aberto no Arsenal de Ferrol acolleu milleiros de presos ao longo de tres anos. Segundo os dados fornecidos por Xosé Manuel Suárez foron máis de catro mil persoas as que pasaron pola prisión coñecida como “Escollera”, significándose setembro e outubro de 1936 como o período onde foi maior o número de reclusos.
Atendendo a información achegada por este autor, a maiores das persoas concentradas nos barracóns instalados no dique, debemos sumar os demócratas detidos no “Plus Ultra”, arredor de cincocentos por mes, no “Genoveva Fierro”, sobre duascentas cincuenta, e o “Contramestre Casado”, cun número de prisioneiros próximos aos cento vinte e cinco.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 372 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]