BNG denuncia na Fiscalía a Fundación Franco por “delito de odio”

“Franco non fusilaba por capricho”, “Foron represaliados por algo”, declaracións realizadas polo portavoz da Fundación, Jaime Alonso.

Pazo de Meirás
photo_camera Pazo de Meirás

O BNG apresentou esta terza feira perante Fiscalía unha denuncia contra a Fundación Francisco Franco polas declaracións do seu portavoz, Jaime Alonso García en diversos medios comunicación e redes sociais por poder seren constitutivas dun delito tipificado no artigo 510 e 510 bis do código penal por fomentar o discurso do odio.

“El Pazo es hoy unos de los lugares emblemáticos de Galicia, conocido en todo el mundo, y sobre él recae parte de la gloria de quien lo habitó, probablemente el español de mayor relieve mundial desde Felipe II.La FNFF ha recibido como un honor la decisión de que gestionemos las visitas al Pazo de Meirás. Es una excelente oportunidad para mostrar al gran público la grandeza de la figura de Francisco Franco…”, recóllese na web da Fundación

O portavoz da FFF fixo declaracións como ”Es una excelente oportunidad para mostrar al gran público la grandeza de la figura de Francisco Franco”, “Franco no fusilaba por capricho”, “Fueron represaliados por algo”.

Acordo

Coincidindo coa presentación da denuncia do BNG ante a Fiscalía, debatíase en comisión no Parlamento galego a proposición no de lei defendida polo deputado Luís Bará reclamando a “retirada das inscricións franquistras existentes nas fachadas das igrexas católicas e concretamente  da igrexa de Santiago no concello de Cangas. A proposición non de lei nacionalista acadou o apoio unánime polo que se iniciarán as negociacións entre a Xunta e a Igrexa católica  para  retirar toda a  da simboloxía franquista existente nas fachadas das igrexas.

Comentarios