Aprobada a declaración BIC da biblioteca de Emilia Pardo Bazán

Libros de Pardo Bazán custodiados na sede da Real Academia Galega (Foto: RAG).
A Galiza suma 772 bens de interese cultural (BIC), dos cales tres están en Meirás —alén da biblioteca, o pazo e as estatuas do Mestre Mateo—. No interior do edificio fican case 3.000 dos máis de 10.000 volumes que conforman a colección.